domingo, 19 de enero de 2014

Proxecto: O arcano da Solaina

  Neste espazo pretendemos contar nos vindeiros meses as novas andainas nun proxecto no que levamos traballando hai un tempo e que ocupa parte do noso tempo escolar. Trátase do “ Arcano da Solaina”.        Durante o curso 2013-2014 o alumnado de 4º de Primaria do colexio estará inmerso en todo un reto: descifrar, a través de fórmulas matemáticas, un misterio no noso Concello. 
  Esta iniciativa, denominada "O Arcano da Solaina", enmárcase no proxecto ENCIENDE (Ensinanza das ciencias na didáctica escolar). 
  Artellado pola mestra María Elena Vázquez Abal (USC), foi presentado ao alumnado a principios de outubro, proxecto que desenvolvemos con moito agrado e ilusión. 
  O obxectivo final é acercar aos nenos e nenas deste ciclo no apaixoante mundo dos números dun modo ameno e divulgativo, á vez que incrementar o seu coñecemento sobre pequeñas historias do seu entorno máis inmediato e facerlle comprender a utilidade das matemáticas para solventar todo tipo de problemas. Iremos contando os nosos avances. 
  Polo momento, podemos adiantarvos que os tres grupos  con moito segredo e interese, andan a darlle voltas á cabeza a este reto…